Que facemos?

O obxectivo fundamental do traballo do Grupo Scout Ronsel é fomentar o desenvolvemento integral dos rapaces (nenos e nenas de 8 a 18 anos) a través de actividades de lecer e de tempo libre. Estas actividades son educativas e se enfocan dende o eminentemente práctico, o aprender-facendo, para que os mozos poidan crecer e aprender mentres xogan.

Ademais, a través das actividades do Grupo Scout Ronsel, os rapaces desenvolven as súas capacidades persoais e creativas, do mismo xeito que fomentan o espírito crítico e actitudes de tolerancia e convivencia. Así poderán converterse, no futuro, en persoas e cidadáns abertos, críticos, activos e comprometidos coa mellora da nosa sociedade e do noso país.

Trasladando os obxectivos e a metodoloxía do Grupo Scout Ronsel a actividades específicas, isto é o que facemos:

– As actividades realizaranse ó longo da Xeira Solar (equivalente a un curso escolar) todos os sábados pola tarde de 16:30 a 18:30 nos nosos locais de Sada.

– Unha vez ó mes realizamos saídas a algún lugar cercano, pasando a xornada en contacto coa natureza e coñecendo o noso entorno.

– Cada dous meses facemos unha acampada de fin de semana, onde ademais de convivir, realizamos actividades grandes como Gymkhanas e aplicamos o aprendido nas reunións.

Ao final do ano, o Grupo Scout Ronsel realiza un campamento de verán, no que ademais de convivir durante 10 ou 15 días, os rapaces collen confianza, aprenden a valerse por si mesmos, traballan en equipo e favorecen o seu inxenio. Neste campamento fanse os “Grandes Xogos”, que adoitan ser a temática principal do campamento. Ademais, lévase á práctica o aprendido durante todo o ano dentro das unidades nas que se dividen os rapaces segundo a súa idade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s