Rotas

    

Son os mozos e mozas de 17 a 19 anos aproximadamente. Identifícanse pola camisa de cor verde e supón a etapa de remate do escutismo, onde se fai fincapé no seu progreso integral, tanto persoal como comunitario, buscando que acaden unha capacidade de transformación da realidade sen a dirección dun responsable.

Organízanse en Comunidades, que conxuntamente forman o Clan, asumindo os cargos e órganos de goberno do xogo institucional scout adaptados ás súas peculiaridades de forte orientación ó servizo.

A súa dinámica fundamental é o Proxecto, que supón unha acción de servizo planificada para incidir sobre as problemáticas concretas do seu entorno na procura da súa transformación perdurable.