Rangers

Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos aproximadamente. Identifícanse pola camisa de cor azul e constitúen a primeira unidade do escutismo, polo que o seu saúdo, como o das vindeiras unidades, faise cos tres dedos para simbolizar as tres opcións pedagóxicas presentes en todas as actividades scouts: Fe, País e Compromiso. Do mesmo xeito, o polgar sobre o maimiño nos falan da protección do “forte” cara o “débil”.

Dentro dos Rangers hai unha potenciación da vida en pequeno grupo coa súa organización en Patrullas, cuns cargos e cun funcionamento interno democrático que emprega as estruturas do noso xogo institucional como son a Asemblea de Unidade, o Consello da Lei, etc. Os Rangers toman contacto cos valores da Lei Scout e a asumen libremente a través da Promesa.

A dinámica fundamental desta unidade é a Aventura, un gran xogo en equipo proposto, xestionado, realizado e avaliado por eles mesmos onde o rapaz é o protagonista motivado e axudado polos seus responsables.