Pioneiros

 

 

 

 

 

 

 

Son os mozos e mozas de 15 e 16 anos aproximadamente. Identifícanse pola camisa de cor vermella, e nesta etapa se realiza unha profundización nos valores scouts. Vai ser o primeiro contacto forte cun dos nosos rasgos definitorios: o servizo como expresión práctica do Compromiso con eses valores e co noso País.

Este realízase principalmente seguindo a súa dinámica fundamental, A Empresa, entendida como un programa de actuación planificado, calendarizado e traballado para acadar uns obxectivos decididos polos propios rapaces que perseguen influír positivamente no seu entorno ó mesmo tempo que se divirten.

Os Pioneiros organízanse en Equipos e participan no xogo institucional procurando, a través do debate e da reflexión, fomentar espazos para que se poidan desenvolver como mozos libres, críticos, abertos, solidarios e comprometidos.