Lobecos

Son nenos e nenas de 8 a 11 anos aproximadamente. Identifícanse pola camisa de cor amarela e en conxunto forman a “Manada”. Nesta unidade emprégase o marco simbólico do “Libro da Selva” de Rudyard Kipling como gran xogo no que o lobeco será o protagonista apoiado polos personaxes positivos encarnados nos responsables. Nesta unidade procúrase unha primeira adquisición de normas a través das Máximas, o Lema e a Promesa.

Os lobecos organízanse a través de Seisenas, Asembleas, Consello da Rocha e se reunen no seu lugar propio, “o cubil”.

(Máis información : Wiki da rocha do consello)