Kraal

 SAM_0094

Kraal é a palabra coa que os Scouts denominamos ao Equipo de Responsables. Identifícanse pola camisa de cor azul claro e está formado por adultos que, dende un compromiso voluntario, educan no tempo libre guiando ós rapaces no seu camiño polo escutismo.

Dende o Grupo Scout Ronsel, convidámosvos a contactar connosco para que nos coñezades. Estamos abertos á vosa participación, colaboración e suxestións, especialmente se vos gusta a educación no tempo libre en contacto coa natureza e dun xeito dinámico e divertido.