Quen somos?

O escutismo é un movemento educativo que ten como finalidade  acadar unha educación integral dos nenos e mozos que participan nas actividades de cada grupo, de xeito que unha vez rematada a súa educación no grupo sigan sendo e actuando como scouts toda a súa vida.

Por tanto, o escutismo contribúe ó desenvolvemento persoal e social dos seus membros, buscando neles persoas comprometidas co seu espazo e co seu tempo, que sexan activos e críticos coa súa persoa e sociedade, e que sexan quén de transformarse e transformala activamente unha vez analizados os seus defectos.

O escutismo tamén é un movemento aberto, con carácter político non partidista, ó que se adhire cada persoa libremente.

Para acadar todo isto, o escutismo emprega un tempo que por definición podería quedar baleiro se non se enche alternativamente con propostas como a nosa, e que é o denominado tempo libre. Este tempo emprégano tanto dos nenos ós que vai dirixido o escutismo como os responsables que se ocupen da súa educación, procurando para isto unha convivencia responsable e respectuosa coa natureza.

SCOUTS DE GALICIA – ECG

O Grupo Scout Ronsel pertence a Scouts de Galicia – Escutismo Católico Galego, unha federación interdiocesana aprobada pola Conferencia Episcopal Española que reúne a preto de 800 rapaces e a máis de 100 responsables adultos organizados en grupos scouts. Cada un destes grupos pertence á Asociación Diocesana de Escutismo da súa diocese. Actualmente, Scouts de Galicia – Escutismo Católico de Galicia está formado por catro asociacións diocesanas: a ADE de Santiago de Compostela (á que pertencemos o grupo scout Ronsel), a ADE de Tui-Vigo, a ADE de Ourense e a ADE de Mondoñedo-Ferrol.