Campamento de verán 2015, apúntate!

Achégase a actividade máis esperada do ano… e en Ronsel queremos que poida disfrutar dela canta máis xente mellor! Por iso, se tes entre 8 e 16 anos e queres vivir unha aventura inesquecible, non te perdas o noso campamento de verán que terá lugar do 18 ó 26 de xullo en O Grove!

Do mesmo xeito, se eres monitor de tempo libre e che gusta o voluntariado, ou ben se buscas un lugar no que facer as prácticas do curso MTL, non o dubides e ponte en contacto connosco.

Para máis información, podes consultar e descargar a carta e a autorización do campamento aquí. Agardámoste!

Imprimir

Festa arredor do churrasco

IMG_6067Dende sempre a comida foi unha boa escusa para xuntarse cos amigos, charlar, pasar un rato divertido… e iso sabemos facelo moi ben en Ronsel! O sábado 20 de xuño celebramos a nosa tradicional churrascada de San Xoán, onde nos xuntamos coas familias, amigos, antigos e simpatizantes para compartir unha xornada de convivencia.

IMG_5996Ás 11h xa estabamos os membros de Ronsel dispostos a carretar o material necesario ata o Mosteiro de Bergondo, lugar da comilona. Unha vez alí acondicionamos a zona e contamos coa inestimable axuda dun grupo de pais que demostraron a súa arte coas parrillas preparando un delicioso churrasco con chourizos e criollos.

Ás 14h chegaron o resto de comensales, entre os que puidemos ver algunha vella cara e moitas das que nos acompañan día a día nas aventuras de Ronsel. Disfrutamos todos xuntos da comida e dunha distendida sobremesa na que non faltou un concurso de postres con recoñecemento para o máis fermoso, o máis sabroso e un premio honorífico.

IMG_6076   IMG_6074

Rematada a churrascada de San Xoán, agora temos un meseciño de descanso por diante antes da gran actividade do ano: o campamento de verán!

Apúntate á churrascada de San Xoán!

Como o ano pasado gustounos moito xuntarnos cos antigos e simpatizantes de Ronsel no XV Aniversario, este ano decidimos convidar a todo o mundo á nosa tradicional churrascada de San Xoán! Así que todos os familiares, amigos, antigos e simpatizantes que queirades disfrutar dunha rica churrascada en boa compañía o sábado 20 de xuño, que non dubidedes en poñervos en contacto connosco! Podes inscribirte ata o 13 de xuño (ampliamos o prazo unha semana); consulta a información no cartel e non faltes!

Cartel churrascada 2015

Celebramos do día das nosas letras

22125_474221229403390_2826355268564676495_nO 17 de maio de cada ano conmemórase en Galicia o Día das Letras Galegas, e para render homenaxe á nosa lingua, en Ronsel organizamos unha actividade que xirou arredor do idioma que nos identifica como pobo galego.

Aproveitando que o sol nos agasallou cun día ben fermoso, saímos ó parque do paseo marítimo de Sada e alí realizamos a “Gymkhana da Lingua”. Por grupos, os rapaces de Ronsel tiveron que superar diversas probas relacionadas coas letras galegas e coa literatura do noso país, construindo palabras que xamás escoitaran e recitando algúns dos versos máis fermosos dos nosos escritores.

Superadas todas as probas, cada equipo tivo que ordear unha serie de letras que fora conseguindo, de tal xeito que lograron averiguar o nome do escritor ó que se lle dedicou o Día das Letras Galegas este ano: Xosé Filgueira Valverde. De seguro que despois deste día máis de un engadiu algunha palabra nova ó seu diccionario de galego!

1546105_474221289403384_5491509022372025841_n   11059847_474221249403388_5622256665948859097_n

A festa máis internautica!

O pasado 9 de maio, os rangers de Ronsel decidiron levar a cabo unha actividade coa que recadar cartos para financiar a súa aventura deste ano, e como levan a festa no sangue, decidiron organizar o que chamaron #Appparty!

11220087_470493593109487_8092696911872148377_nA festa tivo lugar na base scout de Sada e contou con comilona, música, karaoke, photocall e moita diversión. Os rangers estiveron a preparalo todo ó longo da tarde e foi ás 18:30 cando abriron as portas ós seus amigos e compañeiros doutros grupos scouts, quenes aboaron un prezo de entrada para poder pasar.

E así foi como os rangers conseguiron os primeiros cartos para a súa aventura… nin máis nin menos que de festa!

Un San Xurxo diferente

11174595_714040078705418_8021917405050787630_oTodos os anos, cando se achega o 23 de abril, os scouts preparámonos para unha das datas sinaladas do noso calendario: o día de San Xurxo, patrón dos scouts. Este ano, coma todos, dedicamos un tempo para celebrar este día tan especial, e desta vez fixémolo con todos os compañeiros e compañeiras das ADEs de Santiago e de Mondoñedo – Ferrol.

11155176_714032178706208_4911923653057478353_oO Mosteiro de San Salvador de Bergondo converteuse no escenario dunha acampada que congregou a 150 scouts. A acampada comezou cunha representación sobre a historia de San Xurxo para dar paso, despois, a dous días de actividades por unidades nos que non faltaron as caminatas, música, momentos de fe, de familia e moita moita chuvia!

Coma sempre, gardamos todas as experiencias e os recordos na mochila e cando chegou o remate da acampada marchamos con elas ó lombo, non sen ganas de volver a repetir esta aventura e de ver de novo a todos os amigos que fixemos.

11193361_468084123350434_7962331850915628789_n