Campamento de verán 2015, apúntate!

Achégase a actividade máis esperada do ano… e en Ronsel queremos que poida disfrutar dela canta máis xente mellor! Por iso, se tes entre 8 e 16 anos e queres vivir unha aventura inesquecible, non te perdas o noso campamento de verán que terá lugar do 18 ó 26 de xullo en O Grove!

Do mesmo xeito, se eres monitor de tempo libre e che gusta o voluntariado, ou ben se buscas un lugar no que facer as prácticas do curso MTL, non o dubides e ponte en contacto connosco.

Para máis información, podes consultar e descargar a carta e a autorización do campamento aquí. Agardámoste!

Imprimir

Festa arredor do churrasco

IMG_6067Dende sempre a comida foi unha boa escusa para xuntarse cos amigos, charlar, pasar un rato divertido… e iso sabemos facelo moi ben en Ronsel! O sábado 20 de xuño celebramos a nosa tradicional churrascada de San Xoán, onde nos xuntamos coas familias, amigos, antigos e simpatizantes para compartir unha xornada de convivencia.

IMG_5996Ás 11h xa estabamos os membros de Ronsel dispostos a carretar o material necesario ata o Mosteiro de Bergondo, lugar da comilona. Unha vez alí acondicionamos a zona e contamos coa inestimable axuda dun grupo de pais que demostraron a súa arte coas parrillas preparando un delicioso churrasco con chourizos e criollos.

Ás 14h chegaron o resto de comensales, entre os que puidemos ver algunha vella cara e moitas das que nos acompañan día a día nas aventuras de Ronsel. Disfrutamos todos xuntos da comida e dunha distendida sobremesa na que non faltou un concurso de postres con recoñecemento para o máis fermoso, o máis sabroso e un premio honorífico.

IMG_6076   IMG_6074

Rematada a churrascada de San Xoán, agora temos un meseciño de descanso por diante antes da gran actividade do ano: o campamento de verán!

Apúntate á churrascada de San Xoán!

Como o ano pasado gustounos moito xuntarnos cos antigos e simpatizantes de Ronsel no XV Aniversario, este ano decidimos convidar a todo o mundo á nosa tradicional churrascada de San Xoán! Así que todos os familiares, amigos, antigos e simpatizantes que queirades disfrutar dunha rica churrascada en boa compañía o sábado 20 de xuño, que non dubidedes en poñervos en contacto connosco! Podes inscribirte ata o 13 de xuño (ampliamos o prazo unha semana); consulta a información no cartel e non faltes!

Cartel churrascada 2015