Superronsel invade Sada!

Un ano máis, non deixamos pasar a oportunidade de disfrutar en grande unha das nosas festas favoritas: o Entroido! E como non, para este día preparamos un disfrace confeccionado por nós mesmos que non deixou indiferente a ninguén.

superscout colorEnfundámonos nunhas mallas, colocamos o anteface, abrochamos o cinto e atamos a nosa capa ó pescozo para mergullarnos na aventura de salvar o mundo, pois este ano convertémonos nuns superheroes moi especial: transformámonos en Superronsel!

Ataviados deste xeito aparecimos ás 16:30 na Casa da Cultura de Sada, dende onde partiu o desfile que percorreu toda a vila durante unha hora. Unha vez rematado, resgardámonos nunha carpa instalada na praza Irmáns Suárez Picallo e alí disfrutamos dunha festa con música, doces e moita xente.

20150221_181100Os nosos doces favoritos estaban nun mostrador atendido polas mamás e papás de Ronsel, que moi amablemente encargáronse un ano máis de organizar un extrajob de venda de postres para recadar diñeiro co que financiar as actividades do grupo.

E hai que dicir que o fixeron estupendamente, non só porque os doces estaban riquísimos senón porque voaron nun abrir e pechar de ollos! Dende Ronsel queremos agradecer o seu traballo, esforzo e tempo por botarnos unha man nunha actividade tan proveitosa coma esta.

E sen máis, caeu a noite e co enterro da sardiña dimos por rematado o Entroido 2015, pero non nos importa porque sabemos que virán moitos máis!

IMG-20150221-WA0019    20150221_165740

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s