Un ano máis, Nadal en Ronsel!

Como todos os anos por estas datas, Ronsel vestiuse de festa para celebrar a chegada do Nadal, e fíxoo coma sempre nun pequeno evento que contou cunha actuación navideña e uns pinchos de celebración.

10385304_408129146012599_197099697551793_n   10868025_408129282679252_3156560952139467096_n

O domingo 21 de decembro, os rapaces de Ronsel viaxaron no tempo e no espazo ata a Xudea de fai 2.000 anos, recreando un nacemento vivinte na misa da parroquia de Santa María de Sada. Aproveitamos esta cerimonia para repartir entre os fregueses a Luz da Paz de Belén, un símbolo de paz e amor que os scouts distribuímos por todo o mundo nestas datas.

IMG_4109Ademais da parroquia, os responsables de Ronsel tamén nos achegamos á residencia Geriatros de Oleiros para levar unha candea coa Luz da Paz de Belén e desexarlles ós maiores unhas felices festas. Gardamos unha estreita relación con esta residencia dende fai dous anos, cando os nosos rotas realizaron alí o seu proxecto comunitario.

Tras a eucaristía, todos os rapaces, responsables e familias do Grupo Scout Ronsel disfrutamos duns ricos pinchos por cortesía dos pais e nais, que se organizaron para levar cada quen un aperitivo co que celebrar o comezo do Nadal; estaba todo boísimo e a compañía foi estupenda!

10885319_408129412679239_6533216049706276629_n   10882347_408129429345904_6188417188224971197_n

E con esta cita despedímonos ata o campamento de Nadal, que terá lugar do 27 ó 30 deste mes cos nosos compañeiros de Stoas, Axóuxere e Falxidre. Moitas grazas a todos por acompañarnos nesta festa e que teñades todos un Felicísimo Nadal!!

1907923_408129372679243_1433579778616484539_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s