O día máis intercultural da Xeira

O último sábado de outubro foi un día moi especial xa que decidimos desprazar a nosa reunión habitual a múltiples países do mundo para coñecer os seus costumes, cultura, curiosidades, vestimentas e gastronomía. Así foi como cada un dos rapaces de Ronsel, por grupos de dous ou tres persoas, elixiron un país ó que querían representar e achegáronnos aquelas cousiñas que máis lle chamaron a atención sobre dito lugar. E non só iso, senón que cada quén viu disfrazado do país que lle correspondía e trouxo os máis deliciosos manxares nacionais!

IMG_3695Dende tres gondoleras italianas ata dúas forofas dos yankees de NY, viaxamos por países de diversos continentes escoitando as súas curiosidades: Sherlock Holmes e Watson viñeron dende Inglaterra para resolver a misteriosa desaparición dun cativo, un mimo e unha bohemia pintora francesa acompañaron á tradicional parisina co seu caniche para xogar connosco a descubrir distintos monumentos da capital francesa a través de mímica, catro tolos mexicanos cantaron un desafinado “Scout relindo” ó máis puro estilo mariachi, e directamente dende Sudamérica descubrimos os traxes e tradicións de Bolivia e de Perú.

IMG_3758IMG_3755

E para rematar unha xornada tan entretida, non puideron faltar as comidas tradicionais de cada lugar. As mesas de Ronsel enchéronse de múltiples delicias internacionais nas que non faltou nin doce nin salgado: minihamburguesiñas e brownies de EEUU; espaguetes, pizza e tiramisú de Italia; baguettes e cruasáns de Francia; nachos e guacamole de México; un tradicional prato boliviano e un un típico postre inglés completaron a merenda dese día.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s