Campamento en primeira persoa

No anterior post contámosvos como transcorreu o campamento de Pontesampaio 2014, pero agora imos dar voz a unha ranger que quixo falar desta experiencia dende a súa propia vivencia. Grazas Pauli polas túas palabras e por compartilas connosco!

“Como definiría a xente a palabra “campamento”? Estou case segura de que entre todas as definicións non habería ningunha relacionada cos scouts, ou máis concretamente, cos lazos que se forman neles.

10348462_339915626167285_4824421970285771011_nDespois de moito pensar e reflexionar dinme conta de que hai moita diferenza entre un campamento calquera e un scout, e é que a un campamento “normal” vas uns días e volves, e pode pasar sen que marque nada novo en ti, sen facer lazos de amizade con ninguén, sen aprender e valorar cousas novas, pero nun campamento scout, non.

Sempre se aprende, sempre marca (sexa polo que sexa), sempre fas lazos coa xente, sempre fas piña, e sempre creces.Creo que sempre direi isto ao chegar dos campamentos do meu grupo scout, pero, de novo, este foi o mellor campamento da miña vida.

1919643_339914262834088_3162200304431372939_nNon sei como un sitio pode converterse nun lugar cun ambiente máxico cheo de sonos, de novas amizades e de valores. Só sei que de novo, os responsables foron capaces de facer soñar dende os máis pequenos ata os máis maiores, foron capaces de que un grupo de adolescentes se convertan en indios e crean e xoguen igual que os de 7.

Converteron Pontesampaio no País de Nunca Xamais e as Cíes na Illa dos Piratas. Estou segura de que case todos (por non dicir todos) os campamentos scouts do mundo son iguais de especiais, ou máis se cabe. E creo que isto é o realmente bonito, que a xente nos vexa diferente ao resto, que vexan un grupo de nenos e responsables cunha pañoleta ao pescozo e digan “ogallá todos fosen así “, “ogallá todos tivesen eses valores”.

10592653_339914276167420_8770015521198161208_n    10563037_339914432834071_3479170986202521474_n

E sei o traballo que isto leva consigo, e valoro a todos os nosos responsables por sacar horas do seu tempo para dedicárnolas as a nós, para que crezamos como persoas e como scouts. E creo que se o fan é porque realmente cren nisto, e cren en nós, que é o máis bonito que poden facer. Eu cada día estou máis convencida de que o escultismo paga a pena, e de que temos que crer nisto, por que se non o facemos, ninguén o fará por nós.

1975112_341747349317446_6476146443063203585_nEn min marcou un antes e un despois e espero que o marque en moitas persoas máis. De momento, grazas a Ronsel por facer que cada campamento sexa o mellor da miña vida. E de facernos viaxar a Nunca Xamais. Boa Caza e sempre listos.”

Paula, ranger do Grupo Scout Ronsel

Advertisements

2 thoughts on “Campamento en primeira persoa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s