Así foi Pontesampaio 2014

Todos os que estivemos no campamento de verán deste ano coincidimos nunha cousa: Pontesampaio 2014 é digno de recordar! Marchas, descubertas, raids, disfraces, praia, promesas, xogos… todo iso e moito máis foi o que vivimos durante estes días.

10502151_333175596841288_5436236825255468233_nTodo comezou o 19 de xullo cunha das xornadas máis duras do campa, pero tamén das máis frutíferas: a montaxe do que durante unha semana longa sería o noso fogar! Puxémonos mans á obra e montamos a cociña, o comedor, as tendas de campaña, as duchas, a latrina, o fregadoiro, o tendal… foi un traballo en equipo que deu como resultado un campamento ben feitiño!

Para descansar tras o traballo de montaxe, o domingo á noite fixemos unha sesión de cine ó aire libre na que visionamos a película Hook, coa sorpresa de que ó día seguinte espertamos no País de Nunca Xamais! Peter Pan, Campanilla, o Gran Xefe Indio, a princesa Trigrilla, os piratas, Wendy e Juanito acompañáronnos durante todo o campamento para vivir emocionantes aventuras.

Así foi como os lobecos convertéronse en nenos perdidos e os rangers en indios, superando diversas probas como atopar un tesouro escondido por Garfio ou liberar ás personaxes de Nunca Xamais dun feitizo realizado polos piratas.

IMG_0026   IMG_0021

Ademais destas aventuras, aproveitamos tamén para coñecer o entorno de Pontesampaio a través dunha descuberta audiovisual sobre as Salinas de Ulloa, ó igual que visitamos as Illas Cíes durante un día disfrutando das súas praias e rotas de sendeirismo. Non faltaron historias sobre os sucesos acontecidos en Pontesampaio ó longo da historia, así como algún que outro conto de medo ambientado na zona.

IMG_0100   IMG_0118

Unha das actividades que máis nos marcou foron os raids que cada unidade realizou pola súa conta, cargando as mochilas ó lombo e aventurándose a durmir unha noite fora do campamento. Pero sen dúbida, un dos momentos máis inesquecibles foi a cerimonia das promesas e dos pases de póla, onde dimos a benvida a tres novos rangers, despedimos a moitos lobecos que cambiaban de póla, abrimos a unidade de pioneiros e despedímonos da comunidade rota que se disolveu neste campamento.

IMG_0390Sen dúbida, Pontesampaio foi un campamento digno do XV Aniversario. Queremos dar as grazas ó párroco Josecho pola súa boa acollida e a todos os veciños da vila que se portaron tan ben connosco. Pero sobre todo, queremos dar moitas grazas a todos os membros de Ronsel por disfrutar da aventura de facer deste mundo un mundo mellor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s