15 anos de historia e un día inesquecible

IMG_0043Moito tempo levábamos preparando a comida do XV Aniversario de Ronsel, e a verdade é que o esforzo pagou a pena! Aínda que con moitas ausencias que lamentamos moito, foi unha ledicia xuntar ó pasado e presente de Ronsel nunha celebración que resultou emotiva, entretida e divertida á vez.

O sábado 14 de xuño, no Albergue Xuvenil de Gandarío démonos cita unha chea de persoas vinculadas dun xeito ou outro ó Grupo Scout Ronsel: membros, familiares, amigos, colaboradores, antigos, compañeiros scouts… e o motivo non era para menos: o noso grupo scout cumpre 15 anos!

O encontro comezou cunha eucaristía ó aire libre oficiada polo consiliario de Ronsel, Don Joaquín, e o consiliario da ADE de Santiago, Manolo Cachaldora.

IMG_0020   IMG_0018

A continuación tomaron voz distintas persoas que, dun xeito ou outro, marcaron a historia do grupo: a nosa Responsable de Grupo Ana introduciu a Mangui, Chema e Elena para que cada quen compartise o seu testemuño e nos recordase a enorme pegada de deixou Ronsel na vida de todos os que levaron ou levamos o seu pano. Un vídeo conmemorativo do XV aniversario deu por finalizada a mañá, e tras el lanzámonos a disfrutar unha amena e saborosa comida.

IMG_0051Foi un momento de reencontros, anécdotas, recordos, emocións e moita ledicia. Durante toda a xornada puidemos disfrutar dunha mostra fotográfica dos 15 anos de vida do grupo que foi repasada con moita morriña por parte dos anitigos, así como un panel con fotos de membros pasados e presentes, todos ataviados co pano azul.

Contamos tamén cun photocall coa imaxe de Baloo e Mowgli realizada polos rotas como recordo deste aniversario e un libro de sinaturas no que todos os asistentes deixamos a nosa pegada. Xa pola tarde, os responsables do Grupo Scout Ronsel sopraron as velas dunha tarta incrible que elaborou a experta reposteira de Ronsel, Silvia, e escoitamos as palabras do Secretario Diocesano, David, que nos entregou un bonito agasallo en nome da ADE de Santiago. Finalmente, un grupo de gaiteiros amenizaron a tarde ó son de muiñeiras e pasodobres.

IMG_0005   IMG_3034

Sen dúbida, foi un día para recordar no que comprobamos que a historia de Ronsel está máis viva que nunca e se escribe grazas á moita xente que forma parte desta gran familia scout. FELICES 15 ANOS E QUE SEXAN MOITOS MÁIS!

Advertisements

One thought on “15 anos de historia e un día inesquecible

  1. obviously like your website however you need to check the spelling on several of your posts. Several of them are rife with spelling issues and I to find it very bothersome to tell the truth on the other hand I will definitely come again again. fdccffkdckak

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s