Apúntate á comida do XV Aniversario!

Si señor, o evento do que levamos a falar toda a Xeira xa ten data, lugar e forma, tan só falta a confirmación dos asistentes! Fai un oco na túa axenda porque a comida do XV Aniversario de Ronsel será o sábado 14 de xuño ás 13h no Albergue de Gandarío.

IMG_0634O kraal do Grupo Scout Ronsel estamos a poñer toda a nosa ilusión na organización desta festa, que máis alá dunha comida será un espazo de reencontro e diversión no que queremos conmemorar con todo o mundo os 15 anos de andaina do grupo.

Por iso, todos os antigos membros, amigos, familias e demais xente vinculada a Ronsel estades convidados a disfutar connosco dunha xornada que terá momentos de xogo, maxia, música, comida, recordos e moitas cousas máis!

Para acudir a esta comida, tan só tes que facer dúas cousas:

  1. Confirmar a túa asistencia e a dos teus acompañantes antes do domingo 1 de xuño
  2. Ingresar 10€/persoa na nosa conta bancaria ou pagarllos en man ó noso tesoureiro

Non o dubides e celebra connosco este aniversario, porque recorda que RONSEL UN DÍA, RONSEL SEMPRE!

invitaciónface_vertical

Para máis información, podes poñerte en contacto connosco a través de calquera das nosas vías. Agardámoste!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s