Xogando con San Xurxo

Quen foi San Xurxo? Cal foi a súa fazaña? Que representa para os scouts? Este sábado dimos resposta a estas preguntas mergullándonos de cheo na lenda do santo, viaxando no tempo e no espazo ata unha vila antiga que se vía ameazada por un temible dragón.

IMG_0050Os nosos rapaces habitaban esa desafortunada vila, que vía como cada día o dragón devoraba os animais e as colleitas dos campesiños… así que decidiron falar co Rei para buscarlle unha solución ó problema. O camiño cara o castelo non foi doado, pois o pobo debía ir moi unido e para iso ataron os cordóns dos zapatos.

Ó chegar atoparon a un rei e unha princesa famélicos que lles pediron que, antes de nada, conseguisen algún alimento para eles entre as tabernas da vila. Unha vez co bandullo cheo, o pobo e a realeza decidiron que a mellor solución era entregarlle cada día un campesiño ó dragón para que lle servise de alimento.

MIMG_0055ais un día, o azar decidiu que debía ser a princesa quen se entregase ó dragón… e pese a que todos os campesiños quixeron demostrar a súa destreza para ir axudar á princesa a través dunha proba de axilidade, foi un valente cabaleiro quen finalmente osou enfrontarse ó dragón: San Xurxo!

A loita entre San Xurxo e o dragón disputouse ante os atónitos ollos de todos os habitantes do pobo, ata que o cabaleiro logrou vencer ó animal! A princesa abalanzouse sobre o seu salvador e el agasallouna cunha rosa que colleu do río de sangue derramado polo dragón.

IMG_0059    IMG_0067

Tras este final feliz, o resto dos habitantes do pobo tamén quixeron demostrar a súa valentía e loitar polo seu amor a través nin máis nin menos que dun pressing kiss! Se é que sempre hai un oco para xogar e divertirse entre historia e historia…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s