San Xurxo, patrón dos Scouts

san xurxo (6)Son moitas as localidades e colectivos que cada 23 de Abril celebran o Día de San Xurxo: Inglaterra, Etiopía, Portugal, Cataluña, os amantes dos libros, os namorados… Pero esta data é, sen dúbida, unha das máis significativas no calendario dun Scout, pois é o día do noso patrón.

Baden Powell escribiu sobre este santo no seu libro “Escutismo para mozos”, explicando así a súa historia:

“Os cabaleiros da Mesa Redonda tiñan por patrón a San Xurxo, porque este era o único santo a cabalo. É o santo patrón da Cabalería e de Inglaterra. Tamén é o santo patrón universal dos Scouts, polo tanto, todos eles deben coñecer a súa historia.

san xurxo (5)San Xurxo naceu en Capadocia no ano 303. Ós dezasete anos alistouse na cabalería, onde pronto destacou polo seu valor. En certa ocasión, foi a unha cidade chamada Selem, preto da cal había un dragón que tiña que ser alimentado diariamente cun cidadán escollido ó azar. O día que San Xurxo chegou alá, o azar recaera sobre a filla do rei, Cleolinda. San Xurxo resolveu que aquela doncela non debía morrer e foi en busca do dragón, que vivía nun pantano veciño, e matouno.

San Xurxo é o tipo que deben seguir os Scouts. Cando se lle presentaba unha dificultade ou un perigo por grande que parecese (aínda na forma dun dragón) nin a esquivaba, nin a temía, senón que lle facía fronte con todas as súas forzas e as do seu cabalo. (…)

san xurxo (1)Deste xeito exactamente é como os Scouts deben enfrontarse ás dificultades e ós perigos, sen tomar en consideración o grandes ou terroríficos que poidan parecer. Deberán arrostralos valentes e confiados, usando todas as súas forzas para vencelos e aumentarán as probabilidades de que saian vitoriosos”.

Feliz Día de San Xurxo a todos!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s