Rematou o Entroido!

IMG_2102Certo é que rematou o Entroido, pero non se pode dicir que non o despediramos por todo o alto! Para tal ocasión ataviámonos con ponchos e gorros de mexicanos elaborados por nós mesmos e saímos á rúa a desfilar coas demais asociacións de Sada.

Todo isto sucedeu o sábado pasado, día no que a vila celebrou o Entroido Pequeno. A festa comezou ás 16:30 co Gran Desfile que foi encabezado pola charanga DGT e pechado pola comparsa Los Joroperos de Tenerife. No medio, entre unha chea de asociacións e clubes sadenses, iamos os scouts, seguidos polos Cigarróns de Verín que se encargaron de amenizarnos o desfile coas súas bromas e “ameazas”.

IMG_2108    IMG_2106b

Unha vez rematado o desfile, deu comezo a Festa da Filloa, onde distintas asociacións de Sada puxeron á venda doces e larpeiradas varias. Entre elas estivo o Grupo Scout Ronsel, cun posto cheo de suculentos manxares ante os que era imposible non renderse! O tenderete estivo montado e atendido toda a tarde polas nais e familias dos nosos rapaces, que fixeron unha labor estupenda non só como reposteiras senón como organizadoras íntegras do evento!

IMG_2176    IMG_2165

Paralelamente, montamos un stand informativo que estivo atendido por responsables scouts, no que informamos á xente de Sada sobre qué facemos e en qué consiste o noso movemento.

IMG_2189Cando se puxo o sol, que quentou durante toda a tarde, recollimos os nosos bártulos e demos por rematado o Entroido 2014. Quedounos o bo sabor de boca de telo pasado estupendamente e de contar coa gran axuda de nais, pais, irmás e amigos do grupo que nos demostraron que son un importante piar de Ronsel.

IMG_2088b

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s