Preparados para a Festa da Filloa!

Parece que ata o sol púxose do noso lado para celebrar o Entroido, por iso queremos que mañá non quede ninguén na casa! Xa temos todo listo para despedir esta festa por todo o alto; non o irás perder, verdade?

1234926_674162815959403_1541705804_n

Mañá ás 16:30, os rapaces do Grupo Scout Ronsel participarán no desfile de Entroido de Sada lucindo o colorido disfraz que preparamos na última reunión.. de que se tratará? Ademais, compartiremos cartel con grandes grupos e comparsas procedentes de lugares cálidos como Tenerife ou de terras de tradición como Verín.

A continuación, ás 18:00, dará comezo a famosa Festa da Filloa de Sada. Alí estarán as nais e pais de Ronsel ó pé do cañón vendendo unha gran variedade de doces, bolos preñados, pulguiñas de xamón e chourizo… estará todo delicioso, asegurámolo!

1661582_669110433131308_888362761_nPara montar este tenderete contamos coa colaboración da Panadería Carnoedo e de Torre de Núñez, ademáis da maña reposteira das nosas nais que son unhas verdadeiras artistas… achégate a degustar e contribuirás ó financiamento das actividades do Grupo Scout Ronsel!

Paralelamente, haberá un stand informativo sobre o escutismo e sobre o Grupo Scout Ronsel para que todo o mundo poida coñecernos mellor. Ademáis de folletos e carteis, poremos á venda o noso material promocional para que todo aquel que queira chapas ou camisetas poida adquirilas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s