Día da Parroquia de Ronsel

IMG_1821Cantos scouts caben en Sada? Pois aínda non o sabemos con certeza, pero xa comprobamos que collemos máis de cen! E é que o sábado pasado, Ronsel foi anfitrión do que chamamos o Día da Parroquia, unha xornada na que convidamos ó resto dos grupos da Diocese de Santiago a pasar un día na nosa vila e coñecer o noso entorno.

Así foi como nos xuntamos un cento de scouts pertencentes a Ahadi, Stoas, Nyeri, Ronsel, Khanhiwara e Tau para pasar un día ben divertido no que celebramos o XV aniversario do noso grupo e o Día do Pensamento Scout, que tivo lugar o 22 de Febreiro.

Ás 11:00 chegaron os nosos convidados e os recibimos ó carón da igrexa de Santa María de Sada. Para romper un pouco o xeo dividímonos por unidades e cada unha realizou distintas actividades, dende xogos variados que fixeron os lobecos e rangers ata unha táboas coa Lei Scout que gravaron os pioneiros e rotas.

IMG_1775     IMG_1872

Cando comezou a misa, ás 12:30, xa estabamos todos nos nosos sitios e tiñamos as cancións ben ensaiadas, as cales foron amenizadas por dous compañeiros de Ahadi que moi amablemente se animaron a tocar a guitarra. Tras unha colorida eucaristía na que os scouts tivemos o noso protagonismo, marchamos cara o paseo marítimo, onde, tras a sesión fotográfica de rigor, xantamos todos xuntos.

IMG_1797O xogo que nos agardaba pola tarde fixo que nos mesturásemos entre nós, e nel tivemos que interactuar coa xente de Sada, percorrer distintos puntos emblemáticos da vila e superar unhas probas do máis variopintas. Todo coa finalidade de conseguir as pezas dun puzle que resultou ser o escudo de Ronsel conmemorando o seu XV aniversario.

Xa a piques de rematar, quixemos acender unhas bengalas para desexarlle un feliz aniversario ó grupo, pero desgraciadamente non fomos quén! Así que simplemente fixemos gala das nosas prodixiosas voces e entoamos o himno scout todos xuntos. E foi entón cando chegou a sorpresa final… para agradecer a visita dos nosos compañeiros scouts, Ronsel regalou unha mochiliña a cada un dos asistentes como recordo do seu XV aniversario!

IMG_1900     IMG_1925

Unha vez que todo o mundo tivo o seu agasallo ás costas, cada quen marchou para a súa casa levando o bo sabor de boca de quen pasou un divertido día entre amigos. Ó día seguinte aínda se falaba do acontecemento, pois distintos xornais recollían a noticia de que Sada fora inundada por un cento de nenos e nenas scouts!

IMG_1940

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s