Descubrindo a Pablo Picasso

“Debedes ver o lado bo das cousas e nunca o malo”. Se é que xa o dicía o noso de sobra coñecido Baden Powell, e a saída-pesquisa deste sábado foi unha forma de poñer en práctica estas verbas “nas nosas propias carnes”.

A choiva non foi impedimento para que ás nove  da mañá saísemos da base en dirección á Coruña na procura dos nosos benqueridos compañeiros de Stoas. Así pois, comezamos a nosa aventura coa choiva pisando (e mollando) o nosos talóns, pero sobre todo, con moitísimas ganas de pasalo ben.

1654041_492198037556291_1083619689_n     46855_492198357556259_1164678022_n

Visitamos a casa de Picasso, aprendimos moitas cousas sobre a súa vida e obra, e para colmo fixemos unha exposición dos nosos propios debuxos na Calle Real. Que máis se pode pedir? Estamos feitos uns auténticos artistas!

Esta fantástica xornada rematou ó pé da Torre de Hércules, onde cunha afectuosa despedida, deixamos que marcharan (dubidamos que de boa gana) os nosos compañeiros de Stoas.

IMG-20140125-WA0005     IMG-20140125-WA0009 - copia

Despois de buscar refuxio para poder xantar sen incómodas molladuras, marchamos de volta á nosa base en Sada; iso si, cun enorme sorriso na cara e cunha reflexión dando voltas na cachola:a diversión, cando estamos Sempre Listos, non a “escaralla” nin a choiva. Boa Caza!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s