Cambio na actividade do sábado!

Para os despistadillos e rezagados, avisamos por aquí tamén de que este sábado día 25 hai un pequeniño cambio de plans! O Concello da Coruña decidiu anticipar o peche da Pista de Xeo (ohhhh…) pero iremos igualmente á Coruña para facer un divertido xogo co Grupo Scout Stoas!
1511753_267238960101619_1865074767_n

Mantemos os horarios da actividade (de 09:10 a 17:15 na base scout de Sada) pero xa non fai falla levar a equipación de patinadores, estes son os novos utensilios necesarios:

  • Uniforme
  • Roupa de abrigo
  • Chuvasqueiro
  • Calzado cómodo para andar
  • Comida para o medio día
  • 5€

Pregámosvos que os rapaces sexan puntuais xa que iremos en bus de liña e non queremos perdelo! Para máis información, tendes a carta e a autorización actualizadas nos vosos emails ou no apartado Documentos desta páxina web.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s