Ronsel no Nadal de Sada

Como cada Nadal, o Concello de Sada organizou múltiples actividades para celebrar estas festas. Pero esta vez, o Grupo Scout Ronsel estivo máis presente que nunca!

999910_261242357367946_1502186703_n

Para comezar, os dias 2 e 3 de Decembro os responsables colaboramos no “Descenso solidario de Trineo”, unha actividade na que os nenos e nenas podían tirarse en trineo por unha rampa de xeo a cambio de entregar comida non perecedeira que foi doada ó Club de Leóns de Sada. Varios responsables scouts axudamos como monitores mentres outros atendimos un stand informativo sobre o grupo para que todo aquel que quixese puidera coñecernos mellor.

SAM_0137   1501690_261241817368000_1752960445_n

Pero o gran día para os rapaces chegou o 5 de Xaneiro, cando os nenos e nenas do Grupo Scout Ronsel acompañaron, xunto a outros nenos de Sada, ós Reis Magos de Oriente na cabalgata que percorreu a vila. A pesar de que o tempo quixo estropearnos o día, os nosos rapaces luciron os seus mellores sorrisos e fixeron fronte á chuvia repartindo caramelos dende a carroza das Súas Maxestades.

SAM_0157E tras este remate do Nadal, temos unha semaniña para afacernos á rutina de novo e recordade que nos vemos o próximo sábado, 11 de Xaneiro, as 16:30 na base scout de Sada! Admítense amigos, primos, irmáns e xente aventureira disposta a coñecernos e disfrutar co Grupo Scout Ronsel!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s