Un campamento ben fresquiño!

IMG-20131228-WA0006Que si, que estamos moi tolos e non se nos ocorreu mellor sitio para pasar o Nadal que Sobrado dos Monxes… pero vaia mosteiro máis chulo e cantas cousas aprendimos! Iso si, frío non nos faltou e chuvia tampouco!

Pero comecemos polo principio. Este ano fixemos a acampada de Nadal co Grupo Scout Stoas de A Coruña, que ademais de ser xente maja, eran moitos! Polo que puidemos disfrutar dun campamento cunhas unidades de lobecos e de rangers ben numerosas.

Marchamos o venres 27 a primeira hora e xa tivemos o primeiro contacto cos rapaces de Stoas no bus. Unha vez alí, despois das presentacións e algún que outro xogo, dispuxémonos a montar as tendas de campaña. E nada máis rematar… comezou a chover a cántaros! Polo que as tendas quedaron plantadas no claustro do mosteiro mentres nós nos asentamos nunhas habitacións que habitualmente usan os peregrinos.

IMG_1097   IMG_1198

Pola tarde quixemos tentar á chuvia e saír a facer unha descuberta por unidades… pero lamentablemente a chuvia gañou a batalla e tivemos que volver ó mosteiro, onde acabamos de coñecer a historia do lugar, dos monxes, e outras curiosidades da zona.

IMG_1048Tras un Feiticeiro de velada, acostámonos e tentamos durmir ata o día seguinte… cousa complicada porque as campás do mosteiro soaban cada media hora! Pero finalmente o suno puido con nós.

Ó día seguinte pola mañá, cada unidade fixo actividades pola súa conta: os lobecos xogaron arredor do mosteiro, os rangers reflexionaron acerca da vida de Mandela tras ver a película Invictus e os pioneiro saíron a coñecer Sobrado a base de camiñar. E xa a última hora da mañá se percibía certa inquedanza, pois estaban a chegar os Consellos da Lei e da Rocha e as Promesas!

Tras unha tarde de reunións, cunha interrupción para presenciar unha cerimonia cantada polos frailes do mosteiro, chegou a cerimonia das Promesas. Tres das nosas lobecas e unha ranger recibiron a pañoleta scout por primeira vez, e para celebralo organizamos despois unha festa no comedor!

IMG_1112   IMG_1161

Despois disto só quedaba o derradeiro día… Pola mañá, cada unidade realizou novamente unha actividade, entre as que houbo xogos, técnicas de acampada e nós, obradoiros navideños e de cocina, máis cinefórum… e despois, a recoller todo! Dividímonos por grupos para limpar o comedor, as habitacións, os baños, recoller as tendas e facer unha batida polo claustro, e cando estivo todo relucente, despedímonos ó son dun Adeus Scout.

Cansos, pero ledos, recgresamos ás nosas casiñas con ganas de coller a cama, descansar, e repoñer pilas para a volta das vacacións!

IMG_1155

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s