Festa de Nadal en Ronsel!

Contabámosvos que este ano andivemos coa Luz da Paz de Belén dun lado para outro durante toda a fin de semana… pero por suposto reservamos a gran celebración para o domingo na nosa parroquia!

IMG_0823A verdade é que foi un día ben agradable que nos deixou moi bo sabor de boca para comezar contentos o Nadal, xa que tanto pais como rapaces e algún que outro colaborador responderon estupendamente e fixeron desta festa algo máxico!

Todos madrugamos moito o domingo: os responsables e os rapaces para poñernos mans á obra cos últimos preparativos do Belén Vivente e os pais para preparar uns deliciosos xantares. E así, nerviosos e inquedos, fixemos os últimos ensaios antes da gran función, que tivo lugar na misa das 12:30 da igrexa nova de Sada.

No medio dunha eucaristía amenizada polas panxoliñas que prepararon os nenos de catecismo, os scouts sorprendemos a unha igrexa chea de xente cun bonito Belén Vivente. Lobecos, rangers, rotas e mesmo responsables fixemos gala das nosas dotes interpretativas para contar a historia do nacemento de Xesús, unha aventura na que interviron soldados romanos, pousadeiras amables, virxes, anxos, nenos e moitos moitos pastores!

IMG_0826   IMG_0833

O Belén Vivente deste ano contou, ademais, con algún factor sorpresa, pois introducimos unha canción grazas á colaboración e ó acompañamento de guitarra dun dos pais dos nosos rapaces, que moi amablemente se ofreceu a axudar. Pero ademais, ó final da representación apareceron nin máis nin menos que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente! Con esta sorpresa a igrexa encheuse de ilusión e de emoción por parte de todos os nenos que estaban alí.

IMG_0820

Tras as ofrendas dos pastores ó neno Xesús, a virxe María entregoulles a Luz da Paz de Belén, que fora testemuña do nacemento do Mesías. Así, todos os pastorciños repartiron pola igrexa esa Luz para que os fregueses puideran levala ás súas casas.

Tras a cerimonia, o Comité de Pais organizou uns ricos pinchos para que todos puideramos charlar un rato e desexarnos un Bo Nadal. A base scout encheuse de xente entre a que se atopaban tamén os catequistas e o coro, disfrutando todos de moitas e variadas tapas antes de marchar cadaquén a comer ás súas casas.

IMG_0853   IMG_0862

E entre panxoliñas, comida, conversas e algún que outro viñiño, desexámonos Felices Festas e despedímonos ata a próxima aventura: a acampada de Nadal!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s