Así comezaba a fin de semana…

Poderíase dicir que a pasada fin de semana non acougamos nin un chisquiño… andivemos coa Luz da Paz de Belén dun lado para outro e aproveitamos para facer actividades chulas en cada sitio polo que pasamos!

IMG-20131220-WA0008Todo comezou o venres na parroquia de Los Rosales na Coruña, á que pertence o Grupo Scout Ahadi, e a onde acudimos todos os responsables da Diocese de Santiago para recoller a Luz da Paz de Belén. Esta viño dende Ourense, previo paso por Palencia, Alicante, Viena e Xerusalén! E á Coruña fomos os responsables de Ronsel para recoller a Luz viaxeira.

IMG_0764Tras unha cerimonia organizada pola ADE de Santiago, compartimos uns pinchiños de Nadal cos nosos compañeiros scouts de Coruña e Compostela para desexarnos unhas felices festas e uns campamentos proveitosos.

E como a Luz da Paz de Belén non podía quedarse quieta, os nosos rotas decidiron levala o sábado á residencia Geriatros de Oleiros, onde a Xeira pasada organizaran unhas divertidas actividades de voluntariado cos maiores. Alí participamos na misa da residencia e regalámoslles unha candea acendida coa Luz da Paz para que ilumine o centro durante estas festas.

IMG_0783E como os rotas botaban de menos pasar un tempo cos maiores de Geriatros, despois da misa organizaron un obradoiro de manualidades navideñas. Así, disfrutaron de novo dun tempiño xuntos, fomentando a creatividade e recuperando a motricidade nunha loita vitoriosa contra as tesoiras e a cola de pegar.

Sen dúbida foi, coma sempre, unha xornada ben entretida e unha experiencia das que deixan pegada; e quen sabe, pode que non sexa a última!

IMG_0776

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s