Ronsel no Polaris

A fin de semana da ponte da Constitución non tivemos reunión pero algún dos nosos responsables non descansaron, xa que estiveron nin máis nin menos que en Toledo participando no I Congreso Nacional de Scouts MSC, “Polaris”.

1499640_10151782927013202_1566912588_nDende Galicia viaxaron 25 persoas entre as que se atopaban Chema, Delegado Diocesano de Santiago, e o noso Akela representando a Ronsel. Alí xuntáronse con máis de 1.000 scouts de outras Federacións e Asociacións españolas convertendo o congreso nun verdadeiro espazo de convivencia e intercambio.

A pesar do longo camiño e do moito frío que fixo en Toledo, os nosos responsables disfrutaron dunha experiencia única na que puideron coñecer a moita xente e potenciar o sentimento de pertenza á gran familia scout. Durante o encontro, houbo múltiples obradoiros e grupos de traballo para debater e votar diversos documentos que forman parte da revisión metodolóxica do movemento scout católico en España.

1466075_10151786072478202_220300827_n   1425757_10151782924903202_1203504813_n

Despois de tres intensos días, os nosos responsables volveron coa satisfacción de ter contribuído a definir o escutismo que queremos facer cos nosos rapaces, porque como ben dicía o lema do Polaris, “Imos cara adiante!”.

1476535_10151755475093202_547804374_n

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s