Rangers de excursión con Nyeri

O sábado pasado, os rangers de Ronsel abandonaron a base scout de Sada para facer unha actividade distinta: coñecer a Coruña en compañía dos rangers do Grupo Scout Nyeri. E como o fixeron? Desta vez deixamos a nosa pluma na man de Andrea, piloto da patrulla das Aguias, para que nos conte ela mesma que tal transcorreu o día!

“O pasado sábado 16, os rangers de Ronsel fixemos unha gymkhana fotográfica pola Coruña cos rangers do Grupo Scout Nyeri. Esta actividade foi organizada polos pilotos de Nyeri e Ronsel xunto con algún responsable do grupo.

IMG_0878   IMG_0889

Pola mañá, cando chegamos ao noso local, todos tiñamos cara de sono pero aínda así viñamos  con ganas de pasalo ben. Cando xa estivemos todos, collimos o autobús.

Ao chegar a Coruña, os de Nyeri xa estaban esperándonos, nós eramos seis e eles dezasete! Unha vez feitas as presentacións dividímonos en dous grupos para comezar o xogo, repartíronnos as probas e puxémonos a buscar.

IMG_0895Camiñamos moito e os dous equipos atopámonos moitas veces. A última proba foi unha carreira contra reloxo contra o outro equipo que nos viña pisando os talóns, e ao final a gymkhana rematou na Torre de Hércules, onde os dous grupos nos volvimos a xuntar para encher as nosas barrigas que estaban valeiras de tanto camiñar.

Unha vez estivemos cheos, fomos ata o local de Nyeri onde tres rapazas nos ensinaron o abecedario en lingua de signos, que non é tan sinxelo comunicarse sen palabras! Cando rematamos a actividade despedímonos dos rangers de Nyeri, collimos o bus a Sada e unha vez alí cantamos o himno scout xunto cos lobecos. E así rematou o noso día co Grupo Scout Nyeri!”

Andrea, piloto da patrulla das Aguias.

IMG_0892 - copia

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s