Unha crónica do Magosto

Desta vez, para contarvos como foi a celebración do Magosto e o Samaín de Ronsel, contamos cunha reporteira moi especial: a nosa ranger Pauli! Lede atentamente as súas palabras e coñecede de primeira man como viviu este día!

“Hoxe tivemos celebración do Samaín e  do Magosto nos scouts… Quedamos ás 10 na base para preparar todo e ir de marcha! E hoxe houbo regaliños a dous responsables: Carla (lobeca) deulle un guoguo a Bagheera e eu dinlle a Baloo unha Coca-Cola que poñía o seu nome… Son detalles que para o meu gusto, aínda que non sexan o máis grande do mundo, fan ilusión sobre todo se ves que a persoa que cho da o fai con cariño e sen obriga ningunha!!

IMG_0756   IMG_0758

Despois de preparar as cousas nos diriximos cara a area recreativa de Mondego para coller paos, castañas e follas secas para as actividades, e a parte tamén xogamos a un xogo moi divertido. A continuación chegamos á base de novo, abrimos as cabazas, valeirámolas e as decoramos, quedaron super chulas! 

IMG_0773Pero houbo algún que outro problemiña técnico: a unha das cabazas dos rangers quemóuselle o pelo, feito con lá, coa vela de dentro! Gajes do oficio… Despois comimos e algunha que outra persoa tivo que marchar, que pena!! Logo houbo tempo libre no que xogamos a faros e barcos, pintamos, xogamos ó pano, falamos das nosas cousas…

Despois fixemos tres obradoiros: uno de bombóns de chocolate e castañas da man de Bagheera, outro de facer un mural de magosto coloreando e pegando follas de todo tipo e outro de facer cadros de cartón decorados con castañas e follas.

IMG_0768    IMG_0784

Ó final, despois de recoller e preparar todo, chegaron os pais á merenda e pasamos un rato super agradable… Pero claro, como estar sentados falando non servía, tivemos que elixir un xogo, facer que os pais saísen para fora e explicalo… e como lles custou entendelo, entre que non nos explicamos moi alá e que falabamos sete á vez, acabou explicándoo Bagheera. Pero aí non remata a cousa… Ó final cantamos e bailamos co noso propio son “a capella” porque nós vergoña non temos moita, máis ben nada…

IMG_0824E cada día alégrome máis de ser scout, é unha oportunidade de aprender cousas novas cada día e de crecer moitísimo como persoa, ogallá tivera descuberto isto antes… É moi gratificante a sensación de saber axudar sen precisar nada a cambio, e o día de hoxe deu para facer moitas reflexións… estas son algunhas:

É incrible o ben que se sinte un cando cre no que está a facer e o disfruta ó 100%, e ogallá todos eses momentos queden gravados e nunca se borren para poder recordar o pasado con felicidade. Gústame estar e ser feliz, fai que a vida sexa máis divertida, sobre todo se te enfrontas a ela cun sorriso, que é algo que deben facer os adultos, porque parece que ó cumprir 18 as cousas comezan a complicarse e xa non se pode ser feliz como o somos os nenos.

E é que, queridos adultos, ser feliz é bastante fácil: disfrutar en cada momento co que se fai e dar as grazas por todo. Ademais, ás veces non fai falta buscar a felicidade, chega soa…”

Pauli, secretaria da patrulla das Aguias

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s