Día de castañas e cabazas!

img_0193

Como todos os anos por estas datas, o Grupo Scout Ronsel disponse a celebrar o Magosto e o Samaín, dúas festas tradicionais da cultura galega. Desta vez queremos compartir estas celebracións non só cos nenos, senon convidarvos tamén ás familias e amigos a pasar connosco parte deste día.

A actividade realizarase o sábado 26 de outubro. Os rapaces deberán estar na Base do Grupo Scout Ronsel en Sada ás 10:00 e terán que traer:

  • Uniforme (os que o teñan)
  • Roupa de abrigo e botas
  • Chuvasqueiro por se chove
  • Comida para o medio día
  • 200 gr. de castañas
  • 3 €

Despois das actividades cos nenos e de que os rotas preparen as castañas, convidámosvos ás familias e amigos a que veñades a comelas connosco. Así pois, poderedes achegarvos ás 17:00 á base Scout de Sada para compartir connosco esta festa.

IMG_0217Tras comer as castañas realizaremos actividades dirixidas ós pais para que poidades disfrutar desta festa tanto coma nós e poder coñecer a todas as familias novas! Finalmente, a actividade rematará ás 18:30. Podedes descargarvos a carta e a autorización da mesma no apartado Documentos desta páxina web.

Esperamos vervos a todos e non esquezades traer fame de castañas, enerxías para mergullarse no Samaín galego e moitas ganas de pasalo ben!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s