Comezo de Xeira

E coa marcha inaugural celebrada este sábado, queda oficialmente inaugurada a Xeira Solar 2013-2014! Foi sen dúbida un día entretido, soleado e con moitas caras novas!

IMG_0557Como ben sabedes, este ano o Grupo Scout Ronsel celebra o seu XV Aniversario, e por iso quixemos facer unha marcha inaugural na que amosaramos ós nosos rapaces como foi o comezo do grupo.

Rememorando a primeira marcha inaugural de Ronsel, que tivo lugar fai 15 anos, decidimos volver a Mera, lugar no que Ronsel fixo a súa primeira actividade con rapaces. Durante o camiño fixemos un rastreo no que rangers e lobecos foron atopando fotos históricas de Ronsel e realizando probas relacionadas con elas. O máis divertido foi ver como os responsables actuais tamén foron lobecos e rangers no seu momento!

IMG_0570   IMG_0579

Unha vez no faro de Mera, comimos nunha paraxe incomparable disfrutando do bo día. Tras encher o bandullo, o único fundador de Ronsel que continúa no grupo, Chema, contounos como naceu Ronsel, de onde ven o seu nome, as súas cores… e despois asinamos a “Carta do XV Aniversario” imitando á “Carta inaugural” que se asinou en Mera fai 15 anos.

IMG_0623Tras este repaso pola historia do noso grupo, baixamos de novo á Lagoa de Mera para xogar a un divertido Tutifruti que organizou Akela, e así puxemos fin á XV marcha inaugural de Ronsel!

O día rematou na base scout de Sada cunha reunión de pais na que presentamos ó kraal e os seus novos cargos, falamos das distintas unidades e plantexamos unha serie de temas de interese xeral para todo o curso. Todos os pais, tanto os novos como os antigos, amosáronse moi receptivos e nos deron moitos folgos para este novo ano… Agora si que si, arrinca unha nova Xeira!

IMG_0626

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s