Encontro rota nos Ancares

E preguntarédesvos vós… por qué non estaban os rotas na primeira actividade do Grupo Scout Ronsel? Pois porque se atopaban nin mais nin menos que nos Ancares co resto dos rotas de Scouts de Galicia – ECG!

O que viviron os nosos rotas esta fin de semana foi sen dúbida un acontecemento tan inesquecible como histórico, pois participaron la I Asemblea Rota da nosa Federación! Tres días nos Ancares facendo aventura, voluntariado, debates e reflexións.

Encuentro ruta (5)   DSCN0161

En total eran 13 rotas procedentes dos grupos scouts Khanhiwara de Santiago, Alhoia de Tui, Axóuxere de Ourense e Ronsel de Sada. Para coñecerse un pouquiño mellor fixeron unha presentación de cada comunidade cunha posta en común de proxectos, éxitos, fracasos e aventuras varias. E acto seguido comezaron cun fondo debate acerca do que debería durar a etapa rota e en qué idades debería desenvolverse.

DSCN0051Pero non todo foi falar e debater! O sábado pola tarde tocou unha actividade de aventura que se tratou nin máis nin menos que dunha rota en kaiak polo río Navia! Unha paraxe impresionante e unha actividade ben divertida na que os rotas tiveron que traballar en equipo para chegar á meta.

E como colofón da fin de semana, o domingo realizaron unha actividade de voluntariado en colaboración coa asociación Adega e o seu Proxecto Ríos. Os rotas estiveron a limpar un tramo da ribeira do Miño no seu paso por Lugo, unha actividade moi enriquecedora que resultou interesantísima.

??????????   ??????????

E chegaba a fin do encontro… pero os rotas non quixeron que este rematase sen citarse para unha nova aventura, así que xa se puxeron a traballar nunha futura xuntanza! Porque como ben di a canción, “non é máis que un ata logo, non é máis que un simple adeus”.

??????????

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s