Xuntanza Diocesana en Sada!

Esta fin de semana a base scout do noso grupo foi marco dunha chea de novas, de moitas horas de traballo e de importantes tomas de decisión!

SAM_0094Todo comezou o sábado cediño pola mañá cando o kraal de Ronsel reuniuse para programar a fondo a Xeira 2013-2012. Durante todo o día estivemos a deseñar actividades, a traballar na programación das distintas unidades, a pensar como celebrar o XV Aniversario do grupo pero tamén a rir e pasalo ben os uns cos outros.

Despois dunha noite máis curtiña do que nos gustaría, amenceu o domingo no que se celebrou a XXXVIII Xuntanza Diocesana da ADE de Santiago. Sada acolleu este encontro no que todos os responsables dos distintos grupos da diocese de Santiago nos reunimos para falar da marcha da asociación e tomar decisións importantes.

SAM_0121

Desta vez, unha das decisións importantes tocou de cheo a dous dos nosos responsables. Por unha banda, a nosa animadora Ana abandonou a mesa de goberno da ADE na que estivo a traballar durante catro anos como adxunta de goberno. E por outra parte, o noso benquerido Chema colgouse a pañoleta verde para asumir nin máis nin menos que o cargo de Delegado Diocesano de Escutismo de Santiago de Compostela!

SAM_0114 - copiaComo non, dende Ronsel queremos darlle a noraboa tanto a Chema como ós seus compañeiros da nova mesa diocesana. O mundo está cheo de retos e o escutismo non deixa de poñer ante nós novas aventuras e desafíos, por iso lle desexamos á nova mesa moita sorte e moitos froitos no seu traballo!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s