Arrincamos!

Sabemos que todos estabades impacientes agardando o comezo da nova Xeira do Grupo Scout Ronsel… pois alegrádevos, xa temos as primeiras datas do curso!

IMG_0567Este ano comezamos con moitísimas ganas e ilusión para facer que a Xeira Solar 2013-2014 sexa inesquecible! Durante este ano celebraremos o noso XV Aniversario e iso significará que faremos festa tras festa para celebralo!

Pero polo de agora, atención ás datas máis inmediatas:

  • Sábado 28 de setembro: Primeira actividade de rangers e lobecos (de 16:30 a 18:30 na Base Scout de Sada)
  • Sábado 5 de outubro: Marcha inaugural de todo o grupo (realizarase por Sada e o seu entorno, horario por confirmar)
  • Sábado 5 de outubro: Reunión de pais e nais (ás 18:30 na Base Scout de Sada)

Para máis información e outros datos relevantes do curso, podedes descargarvos a carta informativa que se atopa no apartado Documentos desta web.

E polo demais, non vos esquezades de gardar enerxía e ledicia para a volta ós scouts; VÉMONOS EN BREVES!IMG_0079

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s