Un campamento de verán inesquecible!

IMG_0436Un ano máis, recén chegados do campamento de verán e aínda recuperando as forzas, podemos dicir que foi unha experiencia fantástica! Os grupos Ronsel e Khanhiwara convertémonos nun só para compartir nove días de xogos, veladas, dinámicas, reflexións, caminatas e moitas cousas máis!

No campamento trasladámonos á Terra Media, onde un grupo de hobbits, ananos e elfos (noutros mundos coñecidos como lobecos, rangers e pionieros) enfrontáronse ós orcos (ou rotas) para atopar e destruír o anel único. Isto implicou sortear obstáculos, superar probas, descifrar acertixos e percorrer a Terra Media de cabo a rabo!

Ademais diso, cada unha das unidades realizou moitas e divertidas actividades como xogos na natureza, manualidades e diversos obradoiros, incluíndo dúas marchas volantes que fixeron os lobecos e os rangers e un raid por parte dos pioneiros.

IMG_0140   IMG_0451

E como adoita suceder nos campamentos, reservamos un oco para un dos momentos máis especiais da vida dun scout: as promesas e os pases de pola. Acompañados polo consiliario de Khanhiwara, fixemos unha cerimonia ben bonita e emotiva que culminou co tradicional pasillo de pañolas e o manteo ós novos compañeiros!

IMG_0683E tras moitos días de diversión e convivencia, o domingo tocou desmontar todo o campamento… Un adeus scout e moitos bicos de despedida puxeron fin a un campamento do que levamos grandes recordos, alegrías e momentazos, pero non marchamos tristes porque sabemos que aínda temos por diante moitas ocasións para pasalo igual de ben!

IMG_0355

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s