Días de tristura

24641_10151723397722305_1066823473_nA pesar de que cando sucedeu a traxedia en Santiago nós estabamos de campamento, non puidemos evitar sufrir unha inmensa dor ó recibir as noticias do acontecido… Os bos momentos e os xogos divertidos que fixemos durante estes días estiveron vixiados por unha bandeira galega a media asta en recordo ás vítimas, feridos e familiares do accidente, polo que queremos unirnos ás palabras de condolencia da nosa Federación Scouts de Galicia – ECG:

“Queremos mostrar o noso fondo pesar, a nosa consternación e solidariedade co terrible accidente ferroviario ocorrido onte, véspera do noso patrón, en Santiago de Compostela. Unímonos á oración unánime por tódolos afectados e os seus familiares e poñémonos a disposición das institucións para colaborar nas tarefas que sexa preciso.

2013-07-26 13.55.55-1Así mesmo, queremos agradecer as mostras de solidariedade que temos recibido todo o pobo galego así como o traballo dos veciños e dos servizos de emerxencia.

Tamén queremos facer un chamamento aos membros de todo o Movemento e da sociedade en xeral para que colaboren na medida das posibilidades de cada quen facilitando as labores dos equipos de emerxencias, doando sangue ao longo dos próximos días e rezando por tódalas persoas que directa ou indirectamente se están vendo afectadas.”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s