Disfrutando dun bo churrasco

Tras a xornada que vivimos o sábado pasado, non queda lugar a dúbidas: non hai mellor xeito de rematar a Xeira que saboreando un rico churrasco na compañía dos nosos amigos scouts!

IMG_9924E niso consistiu un ano máis a tradicional celebración de San Xoán do Grupo Scout Ronsel, unha festa na que familias, amigos, vellos compañeiros e irmáns scouts disfrutamos todos xuntos dunha amena xornada marcada pola rica comida e o bo tempo, celebrada neste caso na área recreativa se Meirás.

Como non, foron os rapaces do grupo os que puxeron todo a punto: rangers e lobecos limparon a zona, buscaron madeira, fregaron as mesas e pelaron patacas, mentres que os rotas e responsables, coa axuda do noso particular chef de churrasco,Mangui, acenderon as brasas e prepararon a carne, os criollos e o lacón.

IMG_9876   IMG_9892

Cando todo estivo listo, chegaron as familias e os amigos para degustar os ricos manxares que tiñamos preparados.Pero como non todo é chegar e encher, os pais foron os encargados de aportar os postres… e vaia maravillas trouxeron!

IMG_9935Superando con creces o que xa era un altísimo nivel na calidade das tartas, esta vez contamos con verdadeiras obras de arte e con grandes delicias para o padal! Tras unha dura deliberación por parte do xurado do concurso de tartas, chegou o momento de atacar ós postres para deixar un sabor de boca doce tras a enchenta do churrasco.

E despois da comida, chegou unha longa sobremesa na que os pais disfrutaron dun momento de cháchara, distensión e bo tempo mentres os nenos se dedicaron a correr e xogar polo campo. E chegada a hora da retirada, pese a que a moitos lles custou arrincar, xa só nos quedou despedirnos ata a próxima aventura… o campamento de verán!

IMG_9919

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s