Cheirume a churrasco!

Aínda queda máus dunha semaniña para a gran churrascadade Ronsel e xa comeza a facérsenos a boca auga… Se aínda non tes claro en que consistirá esta festa, presta moita atención!

san xoan (2)Todas as familias, amigos e antigos do Grupo Scout Ronsel estades invitados a compartir connosco a derradeira actividade da Xeira: a churrascada de San Xoán que terá lugar o sábado 29 de xuño na área recreativa de Mondego.

Quedaremos cos rapaces ás 11:00 na base scout de Sada para baixar andando ata Mondego e ir preparando a comida. Os pais e amigos poderedes chegar á área recreativa sobre as 14:00 para disfrutar da comida e dunha tarde de convivencia que rematará sobre as 19:00.

Contaremos tamén co noso tradicional concurso de tartas, polo que vos convidamos a traer un doce caseiro que será avaliado por un xurado experto. Haberá premio para o mellor postre, polo que admitimos todo tipo de experimentos culinarios!

san xoan (3)   san xoan (4)

Para máis información, podedes descargarvos a carta da actividade no apartado Documentos desta web. Agradecemos que confirmedes a voa asistencia antes do sábado 22 de xuño para que poidamos facer unha estimación do número de comensais.

Sen máis, recomendámosvos que reservedes un oco no estómago para o próximo sábado e que veñades con moitas ganas de pasar unha divertida xornada!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s