Gran Boom e deica a próxima!

Este sábado clausuramos as nosas actividades ordinarias dos sábados e non o quixemos facer de calquera xeito, así que saímos ó sol e plantámonos nun dos parques de Sada para pallasear ó máximo nunha divertida xymkhana de probas. Os rotas e os responsables retaron ós lobecos e ós rangers a diversas probas nas que tiveron que demostrar que iso da vergoña e dos escrúpulos non vai con nós.

IMG_0511   IMG_0503

Tras manchar a cara, mollar o pelo, atragoarse con galletas e saltar polo parque, os rapaces recompilaron as pezas dun puzle que montaron despois para descubrir o escudo do noso grupo: a flor de lis encerrada nun pano das nosas cores cun ronsel de fondo.

Para repoñer forzas, montamos unha merendola con patacas, larpeiradas e zume. E para rematar a xornada, fixemos unha reunión de pais na que informamos sobre as vindeiras actividades do grupo, a súa marcha xeral e a renovación do comité de pais.

IMG_0546   IMG_0561

Con este día dimos por rematadas as reunións desta Xeira… pero aínda quedan dous pratos fortes! A vindeira cita será o sábado 29 de xuño na churrascada de San Xoán, sen esquecer o campamento de verán que faremos de 20 a 28 de xullo co Grupo Scout Khanhiwara.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s