Lobecos de acampada

Antes de que rematara esta Xeira, a manada de Ronsel tiña moitas ganas de realizar un campamento afastada de Rangers, Rotas e lonxe das súas casas. Así que coas mochilas cargadas e moitas ganas de pasalo ben, marchamos toda a fin de semana rumbo a San Cosme, moi preto de Culleredo.

485522_181472278678288_1214528133_nA pesar de que o home do tempo nos avisara de que habería grandes chuvascos e tormentas, tivemos moita sorte e nos puxemos a cuberto a tempo. Tras inspeccionar a zona de acampada e recoñecer o lugar, montamos as tendas de campaña nunha zona recollida do vento e do frío e case sen darnos conta chegou a hora de comer.

Despois de xogar un bo rato rebuscamos nas mochilas os bocatas que traiamos preparados. Menos mal que un palco da festa e un pequeno comedor servíronos como abrigo dos múltiples chaparróns que caeron durante todo o día.

Unha das actividades preferidas dos lobecos de Ronsel é a de aprender novas técnicas e construír toda clase de refuxios e artiluxios, dende unha vasoira con fieito ata un gran vivac. Así que tras repousar a comida, puxémonos mans á obra para atopar madeira coa que facer a nosa construción. Baixo teito, iso si, montamos entre todos un gran vivan onde había sitio para todos nós e tamén para “TÚ”, un cadelo perdido que os lobecos levaron de volta co seu dono.

941112_181472295344953_400802446_n   941968_181472345344948_2143469362_n

A choiva deunos un respiro para xogar cando xa era de noite, e aproveitamos para aprender xogos novos e recuperar moitos outros que xa tiñamos esquecidos. Menos mal que os lobecos montaron ben as tendas de campaña, porque ata a mañá seguinte a choiva e a sarabia caeron sen parar!

Os almorzos de campamento… sempre son os máis ricos, e no noso caso aínda máis! O sol apareceu pola mañá cedo acompañado dunha sorpresa en forma de napolitanas de chocolate para todos.

481516_181472682011581_215132953_nAproveitamos para avaliar toda esta Xeira, as actividades que fixemos e as cousas pendentes que queremos facer o ano que ven, así como moitas ideas que farán que o campamento de verán sexa inesquecible! Ata tivemos tempo para celebrar a promesa de Tania e despedirnos de San Cosme cun montón de anécdotas divertidas.

O día xa estaba rematando… e tras recoller todo o material e cargar a Colorada, un bus privado veu a recollernos para levarnos á base de Sada. Sen dúbida esa noite todos os lobecos (e os seus responsables) durmiron de medo! E soñando xa co próximo campamento que farán todos xuntos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s