…e chegou a despedida!

Tras dous meses acudindo á Residencia Geriatros Oleiros, os nosos Rotas fixeron este sábado a súa última actividade cos maiores, ou polo menos a última por esta temporada!

IMG_9448Para rematar por todo o alto, reservamos dous pratos fortes: un espectáculo de maxia e un bingo! O mago Agustín, un amigo dos rotas que moi amablemente nos acompañou neste día, deixou boquiabertos a todos os maiores cos seus trucos de cartas, gañándose moi merecidamente os aplausos e as felicitacións do seu público.

Despois, o azar e o xogo fixéronse co ambiente grazas a unha amena partida de Bingo. Os número comezaron a resoar pola residencia ata que Arxentina, unha das maiores, cantou o bingo tras colocar a última pedriña no seu cartón. Como premio, os Rotas regaláronlle unha morea de moedas de chocolate e un faixo de billetes de papel!

IMG_9488   IMG_9499

E foi entón cando os Rotas levaron a maior sorpresa do día: como despedida, a Residencia Geriatros organizou unha merendola en agradecemento ó tempo compartido con eles! Patacas, bocadillos de nocilla, embutido e mesmo unha tarta de chocolate conformaron un banquete no que os maiores e os scouts brindaron por moitas IMG_9522iniciativas coma esta e se despediron con palabras de agradecemento.

Cando os Rotas marchaban da Residencia, os maiores entoaban “Adios con el corazón”… mais non foi un adeus definitivo, pois estamos seguros de que atoparemos novas ocasións para ir a visitalos!

Advertisements

2 thoughts on “…e chegou a despedida!

  1. Enhorabuena chicos por vuestro trabajo, seguro que todos los usuarios de la residencia supieron apreciarlo, esto tiene que daros ánimos para seguir haciendo cosas y, dado el éxito de la actividad, a repetir……. ¡¡¡felicidades¡¡¡

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s