Día da Parroquia de Stoas

Esta fin de semana, os grupos da ADE de Santiago tivemos unha nova oportunidade para compartir unha xornada xuntos: o Día da Parroquia de Stoas. Pola mañá dirixímonos á igrexa do Pilar no Ventorrillo onde nos atopamos cos nosos amigos de Stoas, Nyeri, Ahadi, Khanhiwara e Tau. Tras unhas cancións para romper o xeo, acudimos á eucaristía oficiada polo consiliario de Stoas, unha cerimonia na que o escutismo e os scouts tivemos un gran protagonismo!

920499_559661807411576_442763135_o

Aproveitando o sol que lucía ó mediodía na Coruña, todos os rapaces e responsables compartimos un rico xantar, necesario para recargar pilas e aguantar a intensa tarde de xogos que nos esperaba.

IMG_0073Por unha banda, os Lobecos tiñan preparada unha descuberta fotográfica para coñecer todos os recunchos do Ventorrillo. Repartidos en varios grupos, tiveron que facer todo tipo de fotos: todos xuntos enriba dun columpio, coa roupa cambiada entre eles, diante de varios colexios da zona, facendo o parvo fronte unha escola de teatro…

58112_559661147411642_152727372_nOs rangers tiveron un cometido moi especial: dedicáronse a repartir sorrisos e abrazos para alegrarlle a tarde ós veciños do barrio. Ataviados con pandeiretas, grandes carteis e a cara pintada, fixeron todo tipo de actuacións e cancións para darse a coñecer e amosar que, alá onde imos, os scouts repartimos sorrisos e momentos divertidos.

A tarde pasou moi rápido, e case sen darnos conta chegou o momento de xuntarnos todas as unidades para realizar o esperado Flashmob. Dirixímonos á Rúa Barcelona onde tentamos camuflarnos cos viandantes, e sen previo aviso… comezamos a cantar o ChipiChipi! Velaquí tendes o vídeo para que poidades admirar a nosa arte como bailaríns e cantantes espontáneos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s