Rotas na residencia Geriatros

Como ben saberedes, os Rotas do Grupo Scout Ronsel levan boa parte desta Xeira Solar preparando o seu proxecto comunitario, unha actividade de servizo ós demais deseñada, planificada e levada a cabo por eles mesmos.

Na súa vontade por coñecer realidades ás que non están afeitos e achegarse un pouquiño máis a outros sectores da sociedade, elixiron como proxecto comunitario compartir parte do seu tempo con persoas maiores nunha residencia de anciás.

IMG_9319   IMG_9324

Pois ben, esta fin de semana tiveron a súa primeira toma de contacto! A residencia que os acolleu coas mans abertas foi Geriatros Oleiros, onde os Rotas puideron coñecer, xogar e divertirse con vinte persoas maiores que non deixaron de sorprendelos coa súa vitalidade e ledicia.

IMG_9318Para este primeiro encontro, os Rotas de Ronsel prepararon uns xogos de presentación e un gran concurso inspirado no Pasapalabra. A partir de agora irán sábados alternos durante os meses de marzo e abril, e para as vindeiras xornadas prepararán outras actividades como manualidades, cinema, xogos de mesa ou actuacións de maxia.

Este primeiro contacto resultou, dende logo, máis que enriquecedor! Os Rotas descubriron que o sorriso e as ganas de vivir non desaparecen coa idade, e que a xente moza e as persoas maiores podemos enriquecernos moito os uns dos outros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s