Lobecos ecoloxistas en Seixo Branco

Este sábado, as manadas de Ronsel e Ahadi atopáronse a medio camiño dassúas bases para loitar conxuntamente pola defensa do medio ambiente!Os lobecosdos dous grupos convertéronse en expertos defensores da natureza edescubriron a maravillosa costa de Seixo Branco.

Moi cedo pola mañá, cada grupo partiu do seu barrio para coller o autobús que os levaría ata Mera. Un pouco tímidos ó principio…comezamos a nosa marcha cara a punta de Seixo Branco, percorrendo o pobo de Mera e aproveitando o camiño para cantar e berrar todo o posible!

IMG_1435Un pequeno lavadoiro serviunos de resgardo da choiva. Fixemos varios xogos de presentación, e Baloo Ronsel contounos toda a historia que se agocha tras os cantís de Seixo Branco. Ademais, advertiunos que un malvado contaminador estaba a estropear toda a vexetación da zona, e tiñamos unha importante labor: frearlle os pés!

Menos mal que Manolo, un señor habitante de Mera, foi colocando para nós unhas pistas e sinais no medio da camiño para levarnos cara el e loitar con todas as nosas forzas!

Divididos en dous grupos, e ben abrigados cos nosos chuvasqueiros,partimos cara o sendeiro que nos levaría tras o malvado contaminador. Seguindo toda clase de pistas e facendo todo tipo de probas, pasamos polos restos dunha base militar, a punta de Seixo Branco, as perigosas furnas e o Castro de Subiña. Aprendimos cal é a especie de Gaivota máis común desta zona, como se chaman as tres furnas máis grandes polas que pasamos e sacamos fotos nos recunchos máis bonitos.

IMG_1453   IMG_1466

A pesar do vento, a choiva, o frío e as costas, os lobecos demostraron que os scouts sorrín sempre ante as dificultades, e que non importa como de grande sexa o reto porque xuntos podemos superalo. Cando os dous grupos conseguiron chegar á fin de pista estabamos todos famentos, así que compartimos unha rica comida baixo unha agradable casiña de madeira.

Coas pilas recargadas e os pés un pouco máis secos, emprendimoso camiño de novo baixando ó centro do pobo de Mera. Percorrimos o paseo marítimo, aproveitamos para sacar unhas divertidas fotos e tentamos falar cos patos e cisnes da Lagoa de Mera.

IMG_1477Facendo outra paradiña, Hathi Ahadi contounos de novo unha historia. Levabamos toda a mañá detrás do malvado contaminador, pero non nos pararamos a pensar en como nós, os homes, contaminamos e destruímos todo ó noso paso. Para non esquecernos do importante que é coidar os recursos naturais, fixemos un xogo de pistas.

Divididos en 3 grupos, os lobecostiveron que superar toda clase de probas para conseguir anacos de varias frases. Ó final, entre todos, armaron e ordenaron 5 frases moi bonitas e importantes que un defensor da natureza debería ter sempre presente!

E remataba o día… achegámonos á parada de autobús ementres o esperabamos fixemos unha pequena valoración do día. Todos os lobecosquedaron moi contentos coa actividade conxuntae con ganas de repetiroutro día todos xuntos! A súa valoración non foi nin vermella, nin laranxa, nin verde… senón verde verdísima con brillo!

Copia de IMG_1484

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s