Espantallos en Sada!

Non hai quen poida negar que este sábado foi un día ben divertido para o Grupo Scout Ronsel! Rapaces e responsables disfrutamos un ano máis dunha das festas tradicionais galegas que máis nos gusta: o Entroido.

Ás 11:00 da mañá comezaron a chegar á base lobecos, rangers e rotas vestidos con vaqueiros, camisas a cadros e mesmo gorros de palla. Pero o noso disfrace non estaba nin moito menos rematado, así que dedicamos a mañá a facer obradoiros de nós, corte e confección para fabricar os chalecos, cuellos, puños e gorros que un bo espantallo merece.

IMG_8784   IMG_8780

Os lobecos estiveron a traballar con estopa preparando cuellos e puños que simularan palla. Os rangers, pola súa banda, aprenderon a empregar o hilo e a agulla para confeccionar uns divertidos chalecos de tela de saco con moitos remiendos de cores. Despois, uns e outros recolleron follas da rúa para decorar os gorros de palla que trouxeran da casa.

IMG_8828Despois de que o bo tempo nos deixase disfrutar dunha comida ó aire libre, voltamos á base para enfundarnos nos nosos disfraces e baixar á Festa da Filloa que organiza o Concello de Sada. Alí, os rotas montaron un stand informativo sobre o Grupo Scout Ronsel e o escutismo ó que se achegaron algúns curiosos interesandos nas nosas actividades.

Mentres, os lobecos e rangers organizaron diversos xogos no exterior da carpa da festa, convidando ós rapaces da vila a xogar con eles e deixándose ver entre as moitas persoas que se achegaron á festa a disfrutar das ricas filloas.

IMG_8851   IMG_1337

Queremos agradecer tanto a participación dos rapaces como a colaboración dos pais, que encheron sen rechistar as enquisas que lles dimos e nos axudaron na venda das novas chapas de Ronsel.

Unha vez máis, un éxito de actividade!

IMG_1334

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s