Preparados para o Entroido?

Por fin achégase o día de perder a vergoña, pintarse a cara e saír á rúa a disfrutar do Entroido! Este ano, o Grupo Scout Ronsel celebrará esta festa o sábado 16 de febreiro. Os rapaces terán que estar ás 11:00 na base scout de Sada e deberán levar:

  • Pantalóns vaqueiros
  • Camisa de cadros (canto máis grande mellor!)
  • Calzado tipo botas marróns ou botíns
  • Sombreiro de palla (quen o teña)
  • Comida para o medio día
  • 2 € como custe da actividade

espantapajarosDedicaremos a mañá a fabricar o noso disfrace de Espantallos para participar pola tarde na Festa da Filloa de Sada! Alí estaremos de 17:00 a 19:00 disfrutando da gastronomía galega do Entroido e dando a coñecer o Grupo Scout Ronsel a través dun stand informativo e coa venda de chapas e rifas do grupo. A recollida dos rapaces será ás 19:00 na carpa da praza Irmáns Suárez Picallo.

Recordade que debedes confirmar a vosa asistencia antes do mércores 13 de febreiro! Podedes descargar a carta e autorización da actividade no apartado Documentos desta páxina web.

Advertisements

2 thoughts on “Preparados para o Entroido?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s