Aventura sobre patíns!

O pasado sábado, os rapaces do Grupo Scout Ronsel puideron disfrutar dun día de patinaxe  na  pista de xeo do Colliseum da Coruña en compañía dos nosos compañeiros scouts dos grupos Stoas e Ahadi.

IMG_1066Os Lobecos e os Rangers xuntámonos na base de Sada a primeira hora da mañá para desprazarnos en bus ata A Coruña, onde, como xa ven pasando dende fai tres anos, quedamos para compartir unha xornada divertida e diferente con outros grupos da diocese de Santiago.

Os rapaces comezaron a mañá moi animados e amenizaron a viaxe de autobús con cancións e chistes.  Unha vez no Coliseum, antes de entrar na pista de xeo, xuntámonos con Stoas e Ahadi reencontrándonos así cos nosos amigos dos outros grupos scouts.

Disfrutamos moito  a sesión de patinaxe: algúns xa eran expertos e outros non tanto, pero aínda así abundaron as caídas, as risas, as carreiras e as fotos de Akela… Pasóusenos o tempo voando e ó rematar tivemos que despedirnos rápido e saír correndo para non perder o bus!

IMG_1129  IMG_1211

Durante a volta a Sada, xa máis cansos, aproveitamos para merendar e comentar as anécdotas da mañá, e como chegamos un pouquiño antes do previsto, estivemos xogando un ratiño nos locais ata que chegaron os pais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s