Acampada de Nadal 2012

Cada ano, ó rematar o primeiro trimestre, facemos unha das actividades fortes da Xeira: a acampada de Nadal. Este ano non podía ser menos, así que o xoves 27 de decembro cargamos as nosas mochilas e dispuxémonos a pasar catro días en Narón aloxados na parroquia de San Xosé Obreiro.

IMG_0706Como non podía ser doutro xeito, a acampada deixounos anécdotas de todo tipo e recordos ben divertidos. Pero ademais, démonos conta de que ser pouquiños non é impedimento para pasalo ben e que as cousas saian adiante!

Nesta acampada de Nadal houbo de todo: fixemos manualidades navideñas onde explotamos a nosa creatividade, aventurámonos a meternos na cociña para preparar unhas abundantes e ricas croquetas que zampamos despois e perfeccionamos as nosas habilidades nas técnicas con obradoiros de construcións que fixemos por unidades.

Ademais diso, os lobecos e os rangers fixeron un rastrexo ata Ferrol descubrindo moitas cousas sobre esta cidade e sobre a nosa vila anfitrioa, e para coroar a saída visitaron o famoso Belén animado de Ferrol que cada ano atrae a numerosos visitantes. Os rotas, pola súa banda, desprazáronse ata o mosteiro do Couto que está en proceso de restauración e axudaron nas tarefas de limpeza que nel se están a realizar, traballando arreo nesta acción de servizo.

IMG_0606   IMG_0650

As noites tamén deron moito de si! A primeira dedicámola a afinar os nosos sentidos nun xogo de Stalking, e na segunda deixamos voar a nosa imaxinación preparando actuacións do máis variopintas para participar, por unidades, no concurso navideño de “Villavisión”.

IMG_0787A terceira das noites foi unha das máis especiais. Precedida por unha tarde de asembleas e consellos, a noite do sábado dedicámola á cerimonia das promesas, onde dous lobecos e dous rangers deron un dos pasos máis importantes na súa vida scout. E como non, dimos a benvida ós novos scouts cunha festa!

Unha dinámica do amigo invisible, a eucaristía e a sesión de limpeza e recollida deron remate, o domingo, á acampada de Nadal. Esa tarde regresamos a casa cansos pero ledos, coa intención de recargar as pilas para volver ás reunións o sábado 12 con toda a enerxía posible!

IMG_0567

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s