…e así comezamos o Nadal!

Como o Nadal é tempo de ledicia e familia, nós quixemos dar o pistoletazo de saída a estas festas rodeados dos nosos compañeiros scouts e das súas familias. Así foi como o domingo 23 vivimos unha xornada ben divertida e completiña na que non faltou de nada!

SAM_4402Pola mañá participamos na eucaristía da parroquia de Santa María de Sada a onde levamos a Luz da Paz de Belén que repartimos entre os fregueses e veciños da vila. Pero desta vez quixemos facelo dun xeito distinto, para o cal nos trasladamos máis de vinte séculos atrás, enfundámonos en túnicas e chalecos de borreguillo e representamos un bonito Belén Vivinte.

Despois da eucaristía xuntámonos os nenos, responsables e familias do grupo para compartir un ameno xantar. Tras el, os Rotas procederon ó sorteo da súa tómbola, que rematou co bonito xesto por parte dos gañadores de repartir os xoguetes entre os rapaces do grupo.

Finalmente, a xornada rematou cunha batería de xogos na que non faltaron cancións, saltos, sentadiñas e, por suposto, a que xa se está a converter en tradicional competición da soga-tira.

SAM_4425   SAM_4448

E como o ano aínda non acabou e nós non nos cansamos de facer cousas, aínda temos unha cita pendente neste 2012… vémonos no campamento de Nadal!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s